O alumnado de sexto, como noutras ocasións, realizou un traballo de expresión escrita sobre os obradoiros de Galiciencia. Hoxe publicamos o traballo de Xabi, que está espectacular. Parabéns!
Hoxe, martes 27 de maio, fixemos unha actividade de criminoloxía coa axuda de Galiciencia.
O delito que tiñamos que investigar era un roubo dunha tarta na que había unha xoia.
Cando chegamos a clase había sangue, pegadas e moitas pistas...así que nos convertemos en criminólogos.
O primeiro que fixemos foi botarlle grafito ás pegadas para marcalas. Logo, analizamos as pingas de sangue para saber a altura de donde caen. A continuación cun microscopio miramos as fibras da nosa roupa e descubrimos que o criminal tiña roupa texana.
Ademais, o criminal escribiu unha nota na que poñía: ‘Nunca collerédesme, jejejej, por certo, a tarta estaba moi rica’. Así que fixemos cromatografía, escribindo con alguns bolígrafos e botándolle alcol. O obxectivo era saber con que tipo de bolígrafo escribira e descubrimos que era un boli BIC azul.
Tamén analizamos algunhas solas dos zapatos para saber que o criminal levaba uns zapatos marca Karhu.
Por último, atopamos unhas contas dun colar e con luz ultravioleta descubrimos que ese colar só o fabricaban nunha tenda en España.
Con axuda de todos eses datos encontramos ao criminal.
Nesta actividade aprendín que a criminoloxía e a ciencia están moi relacionadas. A actividade gustoume moito!
Ningún comentario:
Publicar un comentario