O alumnado de 6º participou na proposta de Ponte nas Ondas no IV certame de recolla das imaxes do patrimonio inmaterial galego-portugués. O patrimonio Cultural Inmaterial é un conxunto de expresións herdadas do pasado que tiñan presenza nos recordos das persoas que os vivían e se encargaban de trasmitilos ás seguintes xeracións. Coa aparición da fotografía moitas desas expresións pasaron a ter unha realidade física máis aló da mente das persoas. Nestes podcast, podedes escoitar o traballo realizado na radio polo nos@ alumnado sobre o pesqueiro Peralta, un grupo de baile, un día de festa e o gaiteiro de Ardán. Non deixedes de escoitalo!
O PESQUEIRO PERALTA, por Daniela Otero Ocampo
Un GRUPO DE BAILE, por Mauro Vidal Agulla
UN DÍA DE FESTA, por Xabi Martínez Pena
O GAITEIRO DE ARDÁN, por Vera Agulla Gago
Bo traballo, rapaces e rapazas! Que viva a radio !
Ningún comentario:
Publicar un comentario