venres, 14 de maio de 2021

Seguindo a Xela Arias

 A Asociación Costumes de Cela xunto oa equipo de dinamización da lingua organizaron un concurso de narración e ilustración," Seguindo a Xela Arias", quen levaba sempre un caderno e un lápis, para non esquecer os seus soños e as súas fantasías. E todo o alumnado participou na proposta. Cos traballo fixemos unha marabillosa exposición titulada "I Mostra de narrativa e ilustración Letras Galegas 2021"

  


Os gañadores do certame acudirán o día 15 de maio á recollida do seu agasallo. Son : Anxo e Nicolás, do grupo 6 a 8 anos; Roi e Aitor, no grupo de 8 a 10 anos; Valeria e Samuel, no grupo de 10 a 12 anos. Noraboa a tod@s!


Na exposición tamén aparecen traballos relacionados coa Arte, actividade realizada pola mestra de plástica de seccións bilingües onde podemos ver cadros "a galega" da Gioconda, con frases características da nosa lingua traducidas.

  


SuperARTE!



Ningún comentario:

Publicar un comentario