O mes de Maio sempre o adicamos as nosas letras, e traballamos entorno a nosa lingua e a autora homenaxeada para a conmemoración deste día tan importante para nós, os galeg@s. Este ano adícase a Xela Arias: poeta, escritora, traductora e profesora; e no cole, estamos traballando sobre ela e a súa figura. Pero hoxe tocaba Romería, unha romería organizada polo equipo de dinamización da lingua onde non faltaron xogos populares e música tradicional.
Baixamos desde o cole á praia de Portomaior acompañdos pola policía local de Bueu. Durante o camiño aproveitamos para a recollida de lixo, e unha vez na praia, xogamos, merendamos, fixemos ARTE na area, e desfrutamos da música tradicional galega da man de Retrouso, que sempre está disposto a colaborar desinteresadamente.
O alumnado de 5º e 6º de primaria, visitou o centro de interpretación do litoral na praia de Agrelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario