E hoxe tocou o derradeiro consello escolar infantil do curso. Nesta ocasión a temática trataba sobre o patio cuberto que pronto contará cunha reforma da cuberta. A partir da idea pensamos que poderiamos propoñer ao alumnado que lles gustaría ter nesa zona. E logo de estar traballando con maquetas e planos, no final do trimestre chegaron as conclusións: queremos zona relax, estanque, zona de bichiños, columpios, árbores, herba, tirolina, acceso ao patio desde a biblioteca....
Agora temos unha exposición de todas as maquetas na biblioteca.
SuperARTE!
Ningún comentario:
Publicar un comentario