luns, 14 de xuño de 2021

Visita do músico Xacobe Lamas

Hoxe visitounos o pai de Luma,  Xacobe Lamas, un músico de gran altura,para falarnos da arte da Música e interpretar obras co seu violín.  Xacobe é profesor no conservatorio profesional de música de Pontevedra. Imparte clases de instrumento e orquestra e ten moitos alumn@s.

Ensinounos o seu violín con moitos anos de antigüedade, como comezou a súa andaina no mundo musical e outras curiosidades como que  fixo colaboracións para discos e  tocou en varias bandas. Actualmente toca coa banda Crebinsky.

Todo un luxo poder contar con Xacobe Lamas nun ano adicado a ARTE. Moitas grazas !

                               


   





Ningún comentario:

Publicar un comentario