sábado, 19 de xuño de 2021

Enredarte con ARTE: Arte cósmico

O nenos e nenas da aula de 6º de infantil rematan o curso coñecendo novos mundos a través dun proxecto sobre o espacio. Todo xurde cando unha noite de Superlúa tivemos a curiosidade de saber porque ocurría este fenómeno. Con isto comezamos a querer saber máis e descubrimos que as estrelas teñen nome, que son de diferentes cores e que titilan con diferente intensidade. Aprendemos que se trazamos liñas entre elas poderiamos facer debuxos extraoridinarios como fixeron na antigüedade imaxinando as constelacións. Co proxector descubrimos diferentes nomes e formas e sabemos identificar as máis coñecidas como : constelación cisne, Osa maior ou carro, Leo, Perseo, Orión e as tres Marías...

  

  

  

Ademáis quixemos viaxar polo espacio, e continuando con Valentina Thereskova no segundo trimestre, descubrimos quen foi Laika, e como se chegou á lúa no Apolo XI, deixando a súa pegada o primeiro home que pisou este satélite e recoñecendo as primeiras verbas dese momento.

Creamos a nosa propia galaxia e as nosas constelacións...Seguiremos descubrindo e traballando a nosa imaxinación, que para esos somos uns Superartistas !!

SuperARTE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario