Despedimos este curso tan atípico cunha visita moi especial : TARABELOS. Na biblioteca gozamos dunha mañá chea de Arte baixo o título "Debulendo lendas" con debuxos e lendas, historias que si ocorreron pero non se sabe que parte é real e cal non. Coñecimos piratas coma Benito Soto e Gago de Mendoza, revivimos a loita de María Pita cos piratas ingleses, nos achegamos as lendas das Xacias e outras lendas celtas. Unha actividade especial, para por broche final a un ano para superARTE!
O martes 22 desfrutamos dunha festa organizada pola ANPA, seguindo os protocolos que levamos a cabo durante todo o curso, con xogos organizados nos diferentes espazos dinamizados polo profesorado.
Por este curso xa nos despedimos, coa satisfacción de ter sacado adiante o noso PDI SuperARTE, nun ano moi complicado para tod@s. Grazas a tod@s os que o fixestes posible.
E un especial agradecemento ao noso alumnado por soportar o día a día con máscaras, ventás abertas con frío, por adaptarse a situación e entender que xa non puidemos convivir con outros grupos, pola disciplina na hixiene e polo cumprimento das normas Covid . Sodes SUPER!
Agora a desfrutar dun merecido descanso desexando que o vindeiro curso volva a tan ansiada normalidade.
TIC-TAC....O PDI do curso 21-22...xa está no forno...
Feliz verán!
Ningún comentario:
Publicar un comentario