sábado, 4 de setembro de 2021

BENVIDOS AO CURSO 2020-2021. A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA

O lema das bibliotecas escolares para o presente curso é A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA, e non nos pode gustar máis.
 As bibliotecas escolares son espazos de encontro, que promoven e facilitan a palabra a través do diálogo, a reflexión, o debate, a exposición, os recitais, a lectura... Estas propostas son oportunidade para que o alumnado "tome a palabra" e avance no dominio da linguaxe que lle é propia.
Desde hai moitos anos que na nosa biblioteca ten a palabra, pero se cabe este ano esforzarémonos moito máis e tentaremos recuperar a tradición oral como unha forma de achegar o alumnado ás raíces da cultura na que medra, poñendo en valor a nosa lingua.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario