Un ano despois, voltou a tan ansiada festa de SAMAÍN, na que AMPA, familias e claustro se implicaron para que fose terrorífica.
Investigamos sobre a festa anos atrás, e a decoración das cabazas xirou ao redor do PDI para conmemorar o 50 aniversario do cole.
Na biblioteca estaba o recanto de contos con dous invitados de luxo, colaboradores veteranos nesta festa; Luis Davila e Mari Acuña. Da súa man coñecimos a orixe do Samaín, a relación da festa cos celtas, coas castañas e as cabazas. Contaron e ilustraron "A estrana visita", "Un conto cheo de lobos", lendas de medo de Alan Poe, e outras, coma " A lenda da cova da Londra da Banda do río e a tan coñecida "Nena da curva".
Houbo tamén o Truco e trato da man da auxiliar de conversa Stephanie, a gymcana de medo organizada polas familias e "A chorona" protagonizada pola mestra Raquel.
Non deixedes de escoitar o programa de radio realizado polo alumnado de primeiro e segundo de primaria con recomendacións lectoras terroríficas!
Grazas familias e profes pola vosa implicación para o éxito desta conmemoración.
Unha xornada terrorífica chea de ilusión!
Ningún comentario:
Publicar un comentario