O pasado martes, 9 de novembro, o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria, realizaron unha saída a nosa capital galega, Santiago de Compostela!
En primeiro lugar, visitaron o MUPEGA (museo pedagóxico de Galicia), no que fixeron de investigadores e tomaron boa nota da exposición nos seus caderniños de investigación e de como eran as aulas antigamente nas escolas. Esto servirá como punto de referencia e partida do noso proxecto de centro deste ano (“Os planos da memoria”), con motivo do 50 aniversario do colexio.
Aquí descubriron: como se estudaba antes, como se xogaba, como eran os mestres e que utensilios utilizaban eles e os nenos/as… a verdade é que aprenderon un montón e tomaron moitas boas notas!
Despois diso e aproveitando o bo día que estaba, realizaron unha actividade de “detectives” polo casco antigo da cidade.
Tiñan que descubrir e anotar unha serie de monumentos e prestar moita atención para que non escapase ningún: Á árbore da ciencia, a plaza das praterías, a porta Santa da Catedral, a Rúa do Franco, as Marías…
Como bos detectives que foron, atoparon todos eles e desfrutaron un montón!
Para rematar a viaxe, comeron as súas ricas comidas nun parque próximo á cidade universitaria e xogaron un ratiño ao aire libre antes de voltar.
Encantoulles este día e teñen moitas ganas de voltar a facer outra excursión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario