Para celebrar o 25 de novembro os nen@s de Educación Infantil leron contos e viron o vídeo do canal Babyradio "Educación para la igualdad", rematando a xornada facendo manualidades, experimentos e escoitando o manifesto de radio Faladoiro desta conmemoración.
Os alumn@s de Primaria realizaron unha marcha dende o colexio ata o adro da igrexa de Cela, acompañados das familias. Alí escoitaron o manifesto elaborado polos nen@s de sexto de Primaria en defensa da non violencia de xénero.
Ademáis a ANPA elaborou, na entrada do colexio, un mural da Torre da Igualdade para expoñer as fotografías e debuxos que participaron no Certame "Unha foto pola igualdade".
A continuación podedes escoitar o manifesto do 25N de Radio Faladoiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario