mércores, 1 de decembro de 2021

Visita de Isabel Pastoriza Santos

 O pasado martes, 30 de novembro, en relación coa conmemoriación do mes da ciencia, o alumnado de 3º a 6º de Educación Primaria recibimos a visita da antiga alumna do centro e tamén estupenda científica, Isabel Pastoriza Santos.

Isabel, acudiu ao cole para contarnos algunhas das lembranzas que tiña do seu antigo centro, así como tamén, para falarnos do seu interesante traballo que desempeña como científica.

Desde moi pequena, interesouse pola ciencia e decidiu estudar a carreira de química, para posteriormente especializarse en química-física.

Ademais de científica, actualmente é mestra na universidade de Vigo e traballa nun grupo de traballo nun laboratorio, activamente.

Isabel, especializouse no campo das nanopartículas, e con ela, aprendimos o que eran, con que se medían e en qué lugares estaban presentes os nanomateriais e para que servían.

Ensinounos tamén mostras deles, que podían utiizarse en cosméticos, materiais impermeables, cremas solares, placas solares, etc.

Contounos que actualmente, están traballando nun proxecto de elaboración de sensores para detectar positivos en Covid, grazas ás nanopartículas.





Por úlitmo, o alumnado de 4º preparou unha entrevista na radio e rematamos a xornada entrevistándoa en Radio Faladoiro!



Ningún comentario:

Publicar un comentario