O venres 12 de novembro celebramos o Magosto, festa tradicional que tanto gusta a tod@s os alumn@s e mestres do colexio. E que tamén se celebraba no centro fai 50 anos.
Comezamos a xornada coa visita de trío de pandereteiras Tanxugueiras. Polo que desfrutamos de música tradicional desde a perspectiva de xénero e a identidade rural.
A media mañá degustamos a castañas asadas que nos prepararon os pais e nais da Anpa e rematamos a xornada con xogos tradicionais como: zancos, chapas, corda, goma, comecastañas...
E para rematar, escoitade o programa de radio Faladoiro que fixeron os nen@s de 1º de Primaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario