luns, 24 de outubro de 2022

Día das bibliotecas escolares!!!


O 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares. Como non podía ser doutro xeito tivemos teatro, moito teatro da man de Tarabelos, que representou para nós a divertidísima obra" O traxe Novo do rei".

Explicounos que hai moitos tipos de títeres: de boca, coma o rei; de fíos, coma o señor Coucho, para poder mover todas as partes do corpo; de variñas, como o dragón Mistos, cun mecanismo especial de pancas para movemento; de luva, como Sabela, que se manipula coa man e permiten manexar dous á vez,de mesa, que veñen de Xapón, con pauciños para mover os brazos e o resto do corpo...

Sabiades que algúns son tan complexos que requiren tres persoas para movelos?

Pois nós xa o sabemos, seguimos aprendendo sobre teatro, neste día sobre Teatro de títeres. Foi un gran espectáculo! 

         

 


Os pequenos do cole tamén desfrutaron do mesmo espectáculo teatral, pero noutra quenda, xa que todos na biblioteca estabamos un pouco apertados! 
Encantoulles a obra e sobre todo os títeres e monicreques que Tarabelos lles ensinou.

 
 

Para rematar con esta conmemoración, Torriño tíñanos preparadas dúas sorpresas na biblioteca!!! 
 
 
 
 Xustamente hoxe comezaban a poñerse en funcionamento as mochilas viaxeiras por aulas e iamos poder elixir os libros e material que queriamos meter cada un en cada clase!

Ademais tiñamos un agasallo en forma de chapa moi especial, para que non esquezamos o bo día que pasamos para celebrar o día das bibliotecas escolares.
 
 
CONTINÚA O ESPECTÁCULO E ARRIBA O TELÓN!!!
 
 
 
 



 
 
 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario