Nesta semana celebramos o día das escritoras, iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas y Empresarias FEDEPE e coa Asociación Clásicas y Modernas.
Con esta celebración quérese visibilizar a palabra de mulleres que nos seus textos reflicten sentimentos e loita.
No Torre Cela, relacionamos a celebración do día das escritoras co noso PDI, Arriba o telón, e traballamos sobre a escritora Paula Carballeira, que escribiu teatro. Tamén teatralizamos contos. Un dos que máis gustou aos cativos foi de Paco, da nosa escritora homenaxeada.
Arriba o telón!
"Houbo unha vez unha guerra.
Despois da guerra, quedamos sen casa.
-Non importa -dixo miña nai-. Temos un coche.
Fomos vivir ao coche.
Desde entón, vivir era viaxar."
Paula Carballeira. O principio. (Kalandraka, 2012)
Ningún comentario:
Publicar un comentario