mércores, 19 de outubro de 2022

Moito teatro en Santiago de Compostela!!!

E voltou o día en que volveron as excursións tal e como as sentiamos antes da Covid. Nesta ocasión, o alumnado de terceiro a sexto de primaria, acudiron  a Santiago de Compostela para seguir a traballar sobre o noso PDI Arriba o telón.
 
 Alí visitamos o Centro Dramático Galego  e o IES de Brión, onde coñecimos un pouco máis sobre o mundo de teatro por dentro, como se prepara unha obra, do que pasa entre bastidores e de como pode quedar o resultado final. Recibiunos o Teatro das Maniotas que ven de recoller o Premio Buero de Coca Cola, todo un privilexio contar cunha parte da representación do seu musical. Tamén responderon a todas as nosas dúbidas e xa estamos moito máis motivados para seguir a traballar. 




     





Tivemos tamén tempo de lecer e desfrutamos coñecendo a nosa capital, un día do máis aproveitado.

Agora toca seguir aprendendo e traballando durante todo o curso con  este tema tan interesante e que nos encanta : )

ARRIBA O TELÓN!







Ningún comentario:

Publicar un comentario