mércores, 19 de outubro de 2022

Itinerarios lectores de 5º E 6º!!!

Como cada ano, estamos facendo itinerarios lectores por ciclos, nas aulas do Torre-Cela.

Os cursos de 5º e 6º decidimos compartir os nosos libros entre nós e imos a desfrutar lendo dous libros diferentes ao longo do 1º e 2º trimestre:

5º comezará lendo un atractivo libro de narrativa galega da autora Ledicia Costas, titulado "Escarlatina e a cociñeira defunta".



E 6º iniciará cun libro de teatro en castelán, relacionado tamén co PDI do cole e  titulado "La foto de los diez mil me gusta" de Nando López.

 



 Xuntos compartiremos esta lectura e seguro que sacamos moito partido e aprendemos moitas cousas!

 

Porque ler, sempre é un pracer :)

Ningún comentario:

Publicar un comentario