E chegou o Samaín que tanto nos gusta, coa volta a convivencia e a compartir tempos, espazos, merendas, experiencias...
Durante a semana traballamos na decoración de corredores e espazos e foron as familias as encargadas de decorar as cabazas con moito teatro.
Fixemos anuncios e historias de medo na radio, e en infantil, durante toda a semana divertíronse con obradoiros variados!


Na biblioteca nos agardaba Marc Taeger cun obradoiro terrorífico. Houbo tamén apócemas máxicas, truco e trato e o circo do terror coa colaboración da ANPA.



E nas aulas compartimos momentos lúdicos, merendas terroríficas e fixemos moito teatro con contos de medo.

No contexto lingüístico pasamos por radio Faladoiro. Aquí unha pequena mostra pero se queredes escoitar máis seguídenos en Ivoox
MOITAS GRAZAS a tod@s por colaborar. ARRIBA O TELÓN!
Ningún comentario:
Publicar un comentario