Chegou o San Martiño a Bueu e no cole, o pasado xoves 10 de novembro, celebramos a festa do MAGOSTO que tanto nos gusta a todos e todas!
Non faltaron as castañas asadas e os chourizos co pan que unhas famosas castañeiras da ANPA, moi teatralizadas con panos na cabeza, nos fixeron con moito agarimo!!! Como sempre a todos eles/as, lle damos as GRAZAS por facelo posible :)
Todos os nenos e nenas fomos subindo ata a horta cos nosos currunchos para recoller o aperitivo coa axuda dos nenos e nenas de sexto, que colaboraron repartindo, para que ninguén quedase sen elas!! e despois baixamos ao patio a tomalos por clases.
Ao rematar, tiñamos moitos xogos tradicionais para ir elixindo e xogando cos demais nenos!
Nos encantou a corda do "Tira-soga", "O pano", "A petanca e a chave", "Os zancos e os trompos"....e moitos máis!
Así da gusto recuperar tradicións e aínda mellor se gozamos dun bo tempo e moito sol!!!
Continuamos...!!!!
Ata a próxima e moitas GRAZAS a tod@s por unha xornada moi especial :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario