O pasado martes 22 de novembro os alumnos/as de 1º e 2º de primaria, participaron en dúas actividades de #Afundación.
Primeiro visitaron unha exposición de Pop Art, onde descubriron obras de Andy Warhol, Yayoi Kusama e Roi Litchenstein, entre outros. Ademais participaron nun obradoiro onde crearon a súa propia creación de arte pop.Por outra parte, desfrutaron dunha fantástica obra "La aventura de aburrirse", de L'estaquirot Teatre, que deu moito que pensar! Trataba sobre como ás veces é preciso aburrirse para dar pé á imaxinación e ao xogo creativo, deixando un pouco de lago a gran cantidade de xoguetes e pantallas que nos absorben.
Pasámolo moi moi ben!!!
Continuamos e...ARRIBA O TELÓN!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario