O 25N máis ca outros días, seguimos traballando na concienciación e o rexeitamento de calquera tipo de violencia, e en especial da violencia de xénero. Durante varios días nas aulas traballamos con contos sobre temática fixemos representacións teatrais deles , creamos cartaces e manifestos para gravar en Radio Faladoiro, e na biblioteca, inventamos historias contra a violencia de xénero con títulos de fondos.
O 25 de Novembro tivo lugar unha marcha reivindicativa desde o cole ata o adro da Igrexa, e estivemos acompañados polas familias, porque loitar contra este problema, é tarefa de tod@s. Alí os protagonistas foron o alumnos e alumnas de sexto que quixeron expoñer o problema da violencia de xénero con representacións teatrais.
Non deixedes de ver o videoclip con rapazada de tod@s os cursos;
Non controles
Bo traballo rapaces e rapazas! Non a violencia!
Arriba o telón
Ningún comentario:
Publicar un comentario