O día 23 de novembro celebrouse o 1º Consello Escolar Infantil deste curso.
O tema en relación co proxecto do cole do curso foi: “Que queremos aprender sobre o teatro?”
Coma sempre o alumnado aporta ideas fantásticas!!
Os nenos fixeron moitas propostas como por exemplo: máis espectáculos de mimo e títeres, participar todo o cole nunha mesma
obra, decorar todo o cole, preparar obras de libros xa traballados,
facer teatro de sombras, queren aprender como facer un guion e como
memorizalo, aprender a facer marionetas e decorados, ter unha nova
materia adicada ao teatro ou facer un recanto fixo no contexto
lingüístico.
Xurden propostas de varios cursos de
recibir visitas de expertos do mundo do teatro (actores, actrices,
maquilladores/as, guionistas, produtores, representantes, publicistas,
decoradores/as…) para aprender sobre o seu traballo e entrevistalos na
radio, ter un espazo na biblio con telón e disfraces.
Tamén propoñían reformar o multiusos, investigar sobre a historia do teatro, as
distintas profesións…e facer murais para expoñer nos corredores,
gustaríalles ter un escenario portátil para sacar ao patio, visitar máis
obras de danza ou musicais, aprender ‘truquis’ para perder a vergoña de
falar en público…
Ningún comentario:
Publicar un comentario