Comezamos febreiro, o mes das emocións cunha visita moi especial; Rosa Gantes. Acudiu á nosa escola para falarnos da súa publicación"Soños a Beiramar", un conto cheo de emocións.
"Soños a beiramar" é unha publicación de Rosa da editora Kalandraka; unha tarde de verán, Tainá convidou a Luana, a pequena veciña que acababa de chegar á vila, a xogar co seu papaventos no bordo do mar. Unha divertida xornada de confidencias entre amigas axuda a comprender mellor sentimentos e emocións.
Contounos tamén moitas curiosidades sobre o teatro e as súas experiencias como actriz e como escritora de obras de teatro.
Logo convidámola a pasar por Radio Faladoiro, e aquí tedes a entrevista que lle fixeron os nen@s de terceiro de primaria.
Unha mañá chea de experiencias e emocións. Grazas Rosa pola túa visita e por emocionarnos coas túas verbas.
Arriba o telón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario