Hoxe visitáronnos dúas súper mulleres científicas coas que aprendemos e disfrutamos moitísimo!
Forman parte do equipo de @heroesparalaciencia e trouxéronnos actividades do mais científicas e entretidas!
Os pequenos ata 4° de primaria, fixeron uns talleres por clases, relacionados con diferentes interesantes experimentos e ata incluso formaron parte dun museo de excelentes mulleres científicas !!!
Así, o alumnado puido comprobar como uns paxaros de xoguete se mantiñan en equilibrio só sobre o pico... coa axuda da gravidade!
Tamén vimos experimentos alucinantes como o Theremin, un instrumento que se pode facer soar movendo as mans no aire, polas ondas electromagnéticas que xera; ou a lámpada de plasma, controlando os raios da electricidade coas propias mans! Tamén fixeron o experimento do ollo científico, que levaron para casa, empregando a técnica da cromatografía, que xa coñecíamos do contexto.
Os maiores do cole, de 5° e 6° gozamos dun Scape-Room, no que tiñamos que ir descifrando diversas pistas relacionadas tamén coa muller na ciencia e na igualdade, ata que chegamos a resolver o enigma que abría un cofre cunha apetitosa recompensa !!!
Para rematar todos os nenos/as do cole estampamos a nosa huella dactilar nunha árbore da vida que gardaremos como un recordo para remorar o día de hoxe!
Encántanos aprender experimentando e traballando pola igualdade!
Moitas grazas a Ana e Nuria que nos ensinaron moitas cousas! Que ben o pasamos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario