mércores, 8 de marzo de 2023

8 M con moito teatro!

Como cada ano conmemoramos o 8 M, un día que se celebra en moitos países, unha data para recoñecer ás mulleres polos seus logros, independentemente das divisións, xa sexan nacionais, étnicas, lingüísticas, culturais ou políticas.

Durante varios días investigamos sobre mulleres que nos axudaron coas súas ideas a cambiar o mundo, e como non podía ser doutro xeito nos centramos en mulleres relacionadas co teatro. 



Por outra banda, esta semana, o alumnado trouxo fotografías moi especiais sobre mulleres importantes e relevantes de Cela,  para cada un. 
Xuntamos todas e as decoramos para montar este fermoso mural!
Ademais, o propio día mércores 8, tivemos unha visita moi especial da marabillosa compañía de teatro, Ningures.
Tivemos a sorte de que tres das súas representantes que son mulleres de teatro, viñeran ao cole a facer uns xogos e dinámicas con nós e nos ensinaran un pouquiño mais, desde a súa experiencia, deste mundo tan amplo no que estamos aprendendo tanto este curso.

Para finalizar, o alumnado de quinto entrevistamos en Radio Faladoiro a estas mulleres tan especiais e que tanto nos ensinaron hoxe!

Aquí vos deixamos a entrevista e algúns programiñas de radio que estivemos traballando.

    

Ningún comentario:

Publicar un comentario