Como cada ano, desde as nosas aulas lembramos a Rosalía, visibilizamos a súa obra, investigamos sobre a súa biografía e facemos as propostas que nos ofrecen os equipos de dinamización da lingua.
Porque o seu legado non pode quedar no olvido, porque non a esquecemos, porque o rexurdimento da nosa lingua llo debemos a ela, porque a súa obra é moi grande e ten que ser coñecida... porque non queremos esquecela...
Os maiores de 5º, tamén fixemos nubes de palabras con adxectivos e datos que definían a esta super escritora galega! Aquí vos deixamos unha pequena mostra!
Os nen@s de sexto participaron na proposta do equipo de dinamización da lingua baixo o título QUE DIRÍA ROSALÍA?
Grande Rosalía!
Ningún comentario:
Publicar un comentario