martes, 25 de abril de 2023

Abril, mes dos libros

En abril, aproveitamos a celebración do día do libro para fomentar a lectura. Durante este mes traballamos arredor dos nosos libros e escritor@s  favoritos, e fixemos traballos sobre eles para practicar  oratoria.  Podedes ver  o resultado porque  pasamos por Radio Faladoiro.

Nesta gravación  podedes escoitar unha fermosa homenaxe a Ledicia Costas, realizada polo alumnado de terceiro e cuarto.

Nas seguintes gravacións, podedes escoitar  unhas  recomendacións lectoras realizando un elevator pitch. 

     

 

Na imaxe, Pechacuchas, formato de presentación sencilla e informal sobre escritores.



Tamén fixemos tres   actividades que xa no noso cole non poden faltar na celebración do día do libro : hoxe no patio libro,  apadriñamento lector e gravación de booktubers.











Nos seguintes vídeos podedes ver un exemplo dos booktoubers realizados.

 

En relación co noso proxecto anual, neste mes tocou teatro de marionetas que construímos  de xeito caseiro para representar. Algúns guións foron inéditos e outros escritos e adaptados a partir de contos. Pasamos para biblioteca para mostrar o noso traballo aos máis cativ@s.






Arriba o telón!

Ningún comentario:

Publicar un comentario