Chegou xaneiro e con el a ilusión que lle poñemos sempre a conmemoración do día da Paz. Durante todo o mes traballamos para fomentar bos valores desde a escola, fixemos curtas baseadas en contos, un programa especial de radio relacionado co cine e investigamos sobre personaxes Nobel e outros que fixeron grandes actos por lograr un mundo mellor.
Pero sen dúbida o traballo estrela foi a gravación dun vídeo inspirado no de Mad world de Gary Jules realizado por @_aporima a quen lle agradecemos a súa colaboración desinteresada.
O 30 de xaneiro xuntámonos para ter un día de convivencia: xogamos co alumnado de Xoán XXIII, tomamos a tradicional chocolatada pola Paz e compartimos na biblioteca a estrea do vídeo.




Imaxinas un mundo en Paz? Nós si.
Este curso será de película!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario