venres, 25 de abril de 2025

Abril, mes dos libros

E xa está aquí o mes favorito da nosa biblioteca, abril, mes dos libros. A celebración comezou coa visita de Ollala e Marc Taeger abraiaron a nen@s e profes co seu talento para contar e ilustrar, unha parella de película, da que temos a sorte de poder desfrutar de cando en vez.




 No contexto lingüístico traballamos con actividades ao redor do mundo dos libros. Fixemos lapbboks con recomendacións lectoras dos nosos libros favoritos, investigacións de por que se celebra este día e frases motivadoras para animarte a ler. 






Tamén pasamos por Radio Faladoiro para facer   programas de radio sobre os libros e a lectura. O  noso favorito foi o que recomendamos libros que teñen película e que titulamos "Libros e cinema". Non deixedes de escoitalos nos seguintes enlaces.

Convertémonos en booktoubers, recomendando os nosos libros favoritos e demos un paso máis, animándonos cos booktrailer, vídeos cortos destinados a promocionar  un libro, similares a los trailer cinematográficos que non podían faltar nun curso de película.

  


E como cada ano, fixemos as nosas actividades favoritas ao redor da conmemoración do 23 de abril, día do libro cos apadriñamentos lectores e  hoxe no patio libro.








Este curso será de película!

Ningún comentario:

Publicar un comentario