mércores, 30 de abril de 2025

Pechamos o mes do libro!

Hoxe foi un día especial no noso cole para a cativada de infantil. Recibimos a  Sabela Gago, magnífica contadora por xentileza da editorial Sm. A nosa biblioteca  transformouse nun mundo máxico cheo de palabras, imaxinación e emoción. 

Desde o primeiro intre, todos os nenos e nenas quedaron  atrapados polos seus relatos. Houbo momentos de risa, de sorpresa e  intriga. As historias transportáronnos a mundos fantásticos, poboados por animais faladores, valentes exploradores e soños que podían tocarse cos dedos. Pero o mellor de todo foi a aprendizaxe que quedou en cada corazón:  a importancia de soñar e a beleza de compartir historias.




Un fermoso día para facer un peche de abril mes dos libros coma se merece. Gracias a editorial Sm por facelo posible!

Ningún comentario:

Publicar un comentario