Esta semana recibimos na nosa escola unha visita moi especial: Luís Davila e Mary Acuña, que se achegaron para comezar a traballar co alumnado no deseño dun novo mural no patio.
Agora é o noso turno de facer propostas, debuxar soños e dar forma a ese espazo que veremos todos os días ao recreo. Algo temos moi claro e é que queremos que Torriño quede retratado nun recuncho dese mural para seguir animando a ler, soñar e voar.
Un proxecto colectivo, artístico e ilusionante que converterá o patio nun lugar de película... e de escola viva.



Ningún comentario:
Publicar un comentario