Cando comezamos a traballar no noso proxecto de centro " Un cole de película" xurdiron intereses ao redor do mundo dos piratas, e iso derivou nun proxecto paralelo no que traballamos os cursos de terceiro e cuarto de primaria, e do que vos podemos amosar un pequeno resumo ao longo desta publicación.
Todo comezou no Samaín, cando ambientaron o noso multiusos coa película Piratas do Caribe,Aí decidimos facer un guión para rodar unha curta na que os protagonistas foron piratas, podedes ver o resultado final nos enlaces seguintes.
CURTA DE 3º E.P.
CURTA DE 4º E.P.
No entroido eliximos o disfraz de piratas, creando unha canción con coreografía propia.

Eliximos a película dos venres na nosa biblio, Piratas do Caribe, e investigamos sobre ela e a súa banda sonora. A partir de aquí, seguimos dando forma a un proxecto centrado na investigación sobre os piratas e a súa historia. Fixemos lecturas, investigamos na biblio e en internet, creamos unhas pistas para atopar un tesouro e utilizamos os robots para chegar ao tesouro.










Por último, escribimos un guión para rodar unha curta, no que non deixaron de aparecer piratas
E visto o traballo realizado, presentamos o noso proxecto ás familias, porque somos un cole de película!











Grazas por acompañarnos nun proxecto de película!
Ningún comentario:
Publicar un comentario