sábado, 18 de outubro de 2025
A torre encantada dos soños no contexto lingüístico
No plan 1 do contexto lingüístico, comezamos poñendo en marcha o noso proxecto anual. Traballamos a biografía e aproveitamos para investigar sobre magos importantes; plasmamos soños e practicamos oratoria cun discurso moi orixinal feito a a partir desta pregunta ..se tiveras unha variña máxica e puideras facer unha pregunta, a quen lla farías e por que. Tamén escribimos cartas e correos para conseguir o espectáculo máxico máis emocionante para celebrar o día das bibliotecas escolares, e pasamos por radio Faladoiro para facer un programa especial da Torre Encantada dos Soños.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario