O 10 de novembro, celebramos no colexio unha das festas máis queridas do outono: o Magosto. Foi unha xornada chea de alegría, xogos e sabor, onde o alumnado puido conectar coa tradición galega. O momento máis agardado chegou co arrecendo das castañas asadas e os chourizos á brasa.
O patio encheuse de risas e movemento. Organizamos xogos populares e cooperativos que fixeron as delicias dos máis pequenos e tivemos a sorte de contar coa colaboración da Asociación Xoán XXIII para levar a cabo a xornada lúdica.
Entre bocados compartimos historias, refráns e cancións que falan do outono e da vida no rural, e pasamos por Radio Faladoiro para facer uns programas especiais.
Queremos agradecer a todas as persoas que fixeron posible esta celebración: ANPA, profesorado, familias, asociación Xoán XXIII e, por suposto, os nenos e nenas que puxeron a alma nesta festa.








O Magosto é moito máis ca unha comida: é memoria, comunidade é alegría é maxia.Seguimos a celebrar a cultura galega, paseniño e con paixón. Ata o próximo Magosto!
Ningún comentario:
Publicar un comentario