venres, 5 de decembro de 2025

Un 25 N moi máxico

 Este 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o noso cole,  quixo sumar a súa voz e os seus soños a favor dun mundo máis xusto e libre de violencia.

Traballamos en parellas T + t, para crear cartaces cheos de mensaxes e lemas que melloran a convivencia e que expresan o noso desexo de construír un futuro no que todas as persoas poidan vivir en paz e respecto. No contexto lingüístico, pasamos polo Radio Faladoiro para gravar os nosos manifestos, nos que compartimos palabras de esperanza e compromiso. Cada voz sumouse á outra para dicir alto e claro que queremos que se cumpran os nosos soños dun mundo sen violencia. Podedes escoitalo aquí.

 


Estas actividades axúdannos a reflexionar, a aprender a convivir e a entender que a escola tamén é un espazo desde o que podemos transformar a realidade. Porque cada palabra, cada lema e cada voz conta na construción dun futuro mellor.







O 25 N, fixemos a marcha ata o adro da igrexa, acompañad@s polas familias, cos nosos cartaces cos que desexamos un mundo sen violencia.







En Infantil decoraron a árbore do respeto e traballaros con contos e manualidades para concienciar na boa convivencia.
 

Que se cumplan os nosos soños dun mundo sen violencia! 









Ningún comentario:

Publicar un comentario