O Nadal é un tempo especial no que as luces non só iluminan as rúas senón tamén os corazóns. É a época na que os soños parecen máis próximos, porque cada desexo se envolve en ilusión. No noso cole, compartimos momentos que nos lembran que a maxia non está nos agasallos, senón na xente que nos rodea.
Pasamos por radio Faladoiro para facer programas máxicos, desfrutamos decorando o cole, cantando ao Nadal polas rúas de Cela, recibimos a visita de Papá Noel e celebramos unha fermosa festa de Fin de Ano.
Podedes escoitar aquí os programas de Nadal
Tamén desfrutamos dunha serie de obradoiros por parte das familias do cole: cociña, contos, monicreques, costura, manualidades... tivemos de todo!
Cada neno e nena leva consigo un soño, pequeno ou grande, e o Nadal convídanos a crer que todo é posible. É tempo de amizade, de solidariedade e de imaxinar un futuro mellor. Porque cando soñamos xuntos, a maxia do Nadal faise realidade.
Desexámosvos un Feliz Nadal e que se cumplan os vosos soños!

Ningún comentario:
Publicar un comentario