xoves, 18 de decembro de 2025

Club de lectura con Escuela de magia y otros cuentos

O Club de Lectura iniciou este curso cunha aventura fascinante: mergullarse  no libro Escuela de magia y otros cuentos, de Michael Ende. Un libro cheo de imaxinación, humor e situacións sorprendentes, que se converteu no punto de partida perfecto para abrir as portas da fantasía e da reflexión.

O alumnado de Primaria comezou así unha viaxe lectora moi especial, na que cada páxina é un convite a soñar, a rir e a descubrir mundos inesperados. A lectura compartida transformouse nun espazo de encontro porque ler xuntos  é máxico. É a posibilidade de vivir aventuras colectivas, de deixar que os soños se mesturen coas voces dos compañeir@s e de sentir que a literatura nos une e nos fai medrar.

Porque cando abrimos un libro en común, abrimos tamén un universo de ilusións compartidas. Ler xuntos tamén é maxia… e este curso promete estar cheo dela.







Este curso será máxico!

Ningún comentario:

Publicar un comentario