luns, 27 de abril de 2026

Abril: Mes dos libros

No mes de abril andivemos moi ocupados na Biblio, porque celebramos o mes dos libros!!

O alumnado de 1º a 4º de Primaria recibiu a visita de Sabela Fernández Trelles, autora de dous títulos que leron este curso: "O ladrón de soños" e "A miña avoa, a miña heroína". Falounos de soños, pesadelos, do importante que é ter unha rede de apoio para superar os baches... e ata cantamos! Que importante compartir libros xuntos e reflexionar sobre eles.







Ademáis, o alumnado de 1º e 2º fixo un programa de radio sobre "O ladrón de soños", que presentaron a un concurso organizado pola editorial Xerais, a Fundación José Hermida xunto con Radio Pontevedra. 
Aquí podedes escoitalo!



No contexto lingüístico investigamos ao redor dos libros: beneficios de ler, os libros máis lidos da historia, escritores famosos, como naceu o Día do libro.... Tamén aproveitamos un recanto para gravar os booktubers, pasamos por Radio Faladoiro para facer un programa especial sobre esta conmemoración e gravamos libro-historias, usando as portadas e os títulos dos libros para contar historias breves.










Ademáis realizáronse apadriñamentos lectores nos que o alumnado de 3º a 6º, dentro do programa T+t, prepararon lecturas de contos para os máis cativos de 1º ciclo e infantil.





Ademáis fixemos o xa clásico "Hoxe no patio, libro!" aproveitando o tempo de lecer para adicar un ratiño á lectura libre e autónoma.





O alumnado de infantil  e 1º de Primaria foron ao teatro para ver unha obra basada nun dos contos máis famosos de todas as bibliotecas escolares: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquelo na cabeza" por parte da compañía "A xanela do Maxín".




Tamén desfrutamos moito na nosa biblio co espectáculo "A ilusión de ler" por parte da compañía "Maxia na manga", no que quedamos abraiados con moitos trucos con inspiración literaria.




E para rematar o mes de abril visualizamos todos os vídeos que se gravaron ao longo do mes recomendando lecturas, todos convertidos en auténticos Booktubers. Aquí tedes algúns exemplos!




Un mes de Abril do máis completo!! 
Lémonos!




Ningún comentario:

Publicar un comentario