domingo, 7 de xuño de 2026

Un mural moi especial

 O patio do cole énchese de cor cun novo mural creado por Luis Davila, que nos acompañará cada día e que nos fai sentir moi agradecidos. 

O alumnado de 5º e 6º achegou ideas nos primeiros encontros co artista e, finalmente, Dora e Torriño son os protagonistas deste espazo tan especial no noso patio. 

Luis Davila deixa, unha vez máis, unha pegada inesquecible no cole a través do proxecto Biblioteca Creativa, do que tamén se fixo eco a prensa local. 

Grazas Luis e Mari!!! Para ver máis do proceso podedes visitar o noso instagram. 








Ningún comentario:

Publicar un comentario