domingo, 7 de xuño de 2026

E ti que pensas da igualdade?

 E ti, que pensas da igualdade? Baixo esta gran premisa reunímonos nunha xornada cargada de emoción, talento e, sobre todo, moito orgullo polo traballo do noso alumnado.

A Deputación de Pontevedra realizou a entrega de premios ás mellores propostas sobre igualdade presentadas polas escolas da provincia, e o noso centro volveu a casa con grandísimos recoñecementos!

Os nosos rapaces e rapazas amosaron unha sensibilidade e unha creatividade incribles á hora de abordar a igualdade de xénero a través de diferentes formatos:

 1º Premio (Categoría Individual - 2º Ciclo): gañado por Nuria, quen cativou ao xurado co deseño do seu cartel. Unha obra chea de mensaxe!


3º Premio (Categoría de Grupos - 3º Ciclo):alumnado de 5º e 6º de Primaria, que uniron as súas voces e reflexións para crear un fantástico e construtivo podcast. 


Máis aló dos diplomas e os galardóns, o día converteuse nunha auténtica xornada de celebración e convivencia.

Puidemos divertirnos e bailar ao son de Uxía Lambona e a Banda Molona, aproveitamos o momento para celebrar o aniversario dunha compañeira e, como broche de ouro, fixemos comunidade cunha deliciosa merenda colectiva.

Sigamos soñando coa igualdade día a día.

Ningún comentario:

Publicar un comentario