domingo, 7 de xuño de 2026

Premio no concurso de podcast "O vello dos contos"

 

Hoxe escribimos estas liñas co corazón cheo de ledicia e unha emoción difícil de agochar: fomos os gañadores do concurso  A vello dos contos!

Cando decidimos presentarnos a este concurso, tíñamolo moi claro: non iamos inventar nada novo, senón aproveitar o traballo que facemos cada día; ese esforzo diario, as horas de dedicación e o agarimo que lle poñemos a cada proxecto cun gran equipo detrás tanto de profes como de alumn@s. Pensamos que a mellor carta de presentación era, simplemente, amosarlle ao mundo o que facemos de luns a venres.

Presentamos un traballo por cada categoría e fomos finalistas nos dous proxectos presentados. O alumnado de terceiro e cuarto de primaria redeu homenaxe á tradición oral galega a través da figura de Xosé Mosquera Pérez, “O vello dos contos”, destacando o seu labor como narrador e gardián das historias populares. A través dun ton emotivo, pon en valor como os contos, transmitidos de boca en boca ao longo das xeracións, forman parte da mamoria colectiva e da identidade cultural, lembrando a importancia de seguir compartindo historias para manter viva a cultura.

O alumnado de 5º e 6º preparou un programa adicado ao Día do Libro achegando a lectura á cativada mediante diálogos e entrevistas. Pon o foco nos beneficios de ler, recolle opinións do alumnado e destaca o papel da biblioteca como un espazo de igualdade, aprendizaxe e imaxinación, animando aos oíntes a descubrir o pracer dos libros e a converter a lectura nun hábito cotián.

Nos ENLACES podedes ver o traballo realizado polo alumnado de terceiro a sexto de primaria





O día 8 acudimos a Santiago  de Compostela porque estabamos convocados como finalistas. E sudeceu algo máxico, como o que nos está deixando este curso; un ano cheo de maxia na nosa Torre Encantada dos Soños. Este premio é un recoñecemento a  un curso cheo de traballo e ilusión, e moito esforzo por parte do profesorado. Grazas compañeir@s por facer que os nosos soños se cumplan!





Noraboa ao noso alumnado por facer maxia coas súas palabras!

Ningún comentario:

Publicar un comentario