domingo, 7 de xuño de 2026

Musical "A Torre encantada dos soños"

 Como broche final ao proxecto deste curso organizamos un espectáculo musical para todas as familias no Centro Social de Bueu. 


O alumnado participou cunha obra de teatro baseada na película "El gran showman", onde se entremezclaron diferentes artes e talentos.  Unha mañá chea de música, danza e interpretación na que todo o alumnado e profesorado participou.

Unha xornada máxica para ir rematando este curso na Torre Encantada dos soños. Noraboa a todos e todas!! Podedes ver o vídeo completo na ligazón: A Torre Encantada dos Soños













Ningún comentario:

Publicar un comentario