Nas aulas tamén celebramos a día das nosas Letras. No contexto lingüístico fixemos un plan adicado a Begoña Caamaño e a exaltación da nosa lingua e as nosas tradicións. No recanto literario traballamos ao redor do maio, compuxemos fermosas coplas para celebrar a benvida á primavera. No recanto creativo deseñamos camisetas con frases fermosas que nos identifican e tamén decoramos pedras con palabras da nosa lingua. Os recantos informativos e Faladoiro, estiveron adicados a Begoña Caamaño e a nosa Galicia, e por suposto, pasamos por Radio Faladoiro para gravar as nosas propostas.







Porque un dos nosos soños é que a nosa lingua siga viva, forte e latexando no corazón de cada neno e nena. Desde a nosa Torre Encantada, seguiremos construíndo pontes de palabras, para que o galego nunca deixe de soar, de crear e de facernos soñar en grande. Feliz Día das Letras Galegas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario