Amosando publicacións coa etiqueta #OBRADOIROS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #OBRADOIROS. Amosar todas as publicacións

martes, 11 de novembro de 2025

Un día máxico na granxa

Visitar a granxa Serantellos foi coma abrir a porta dun soño: alí estaban, agardando por nós, cabras curiosas, coelliños brincadores, cobaias risueñas, tartarugas sabias... e mesmo unha vaca soñadora e un cerdiño que parecía saído dun conto! Os cativos amasaron bolos de pan coma se fosen alquimistas da fariña, crearon con flores como se tecesen feitizos de primavera, e recibiron cabazas saltarinas que semellaban encantadas. 







A actividade forma parte do programa Vive Rural financiado pola Deputación de Pontevedra e aínda que a choiva, caía de vez en cando, non fixo máis que engadir un toque de misterio ao día. Porque esta visita... foi moito máis ca unha excursión. E no vídeo... ben se ve que os soños, ás veces, vólvense realidade!



sábado, 7 de xuño de 2025

Tardes de contos na Biblio!

 Algunhas tardes de Biblio as pasamos compartindo sesións de contacontos a cargo dunha nai do noso centro, Olalla González. 

Unha artista nisto de contar historias, que nos ten a todos enganchados! Grazas Olalla, as portas da biblio sempre están abertas para ti!!






Obradoiro de xogos de mesa

 Nas tardes de Biblio realizamos algunhas sesións de obradoiros de xogos de mesa. Aprendemos a xogar cos recursos que temos na nosa Biblio e compartimos momentos de diversión pero tamén de moita aprendizaxe!








xoves, 11 de maio de 2023

OBRADOIRO CREATIVO DE RAP!

Este xoves, día 11 de maio, o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, realizaron un entretido obradoiro relacionado coa biblioteca creativa, pero nesta ocasión, teatralizando, no mundo do RAP.


Foi levado a cabo por Pedro Iglesias, a cargo do grupo de rap galego,  TIAM GZ, entre outros.

Pedro mostrouse moi atento e participativo, explicándonos primeiro as diferenzas entre rap e poesía e deunos unhas técnicas para medir versos e rimas, pero ao ritmo do rap!

Foi súper orixinal!

Despois chegou o momento de poñerse mans a obra a practicar e tocoulle aos nenos e nenas inventar eles mesmos/as, as súas propias creacións neste campo!



 

Foi moi interesante cando o compartiron cos demais compañeiros e quedaron creacións moi orixinais!

Canto aprendemos hoxe!

Continuamos e... #ARRIBA O TELÓN!