xoves, 7 de marzo de 2013

Como se obtén o chocolate?

Os nenos e nenas de primeiro investigaron sobre o CHOCOLATE. Descubriron un montón de curiosidades acerca do proceso para obter este rico alimento. Mirade o seu traballo:


"Para obter o chocolate cúltivase o cacao en grandes plantacións. Os principais productores de cacao son Costa de Marfil, Gana, Nixeria, Brasil e Indonesia.
Os froitos do cacao chámanse mazorcas e crecen no tronco da árbore. Cada mazorca contén entre 20 e 50 sementes de cacao. Para facer unha tableta de chocolate precísanse unhas 8 sementes.
Cando as mazorcas están maduras son de cor vermella alaranxada. Nese momento faise a recoleción. A mazorca pártese en dous e extráense as sementes a man. Estas sementes deposítanse en grandes caixas onde fermentan e adquiren unha cor marrón. Despois deixánse secar e... transpórtanse en barco ás fábricas de chocolate en Europa.
Para elaborar chocolate comestible a pasta de cacao mestúrase con azucre, quécese e vértese nun molde. Para facer chocolate en pó hai que prensar a pasta para separar a manteiga de cacao. O que queda da pasta pásase por un muíño para facelo pó."

Interesante traballo!! Espérovos cos libros abertos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario