domingo, 9 de novembro de 2014

A CIENCIA NO MES DE NOVEMBRO

Estamos chegando ao San Martiño e aínda están os tubos de ensaio sen limpar, aínda quedan limaduras de ferro para mostrarnos os campos magnéticos e un telescopio de xoguete para ver as estrelas; neste mes as bibliotecas escolares poñemos os nosos grans de area para pesar, medir e contar a ciencia en galego.

No esquelete buscamos a tibía, peroné, femur cúbito...; xa non mete medo porque a ciencia é demostración non crenza. Pódense repetir as experiencias en distintas circunstancias. O científico demostra as súas propostas.

Leonardo da Vinci, o famoso pintor, traballou coas ciencias e as matemáticas para deseñar as súas máquinas, e estudar as proporcións nos corpos para conseguir beleza.

As ciencias naturais nos permitiron estudar algúns compoñentes dunha poza intermareal da praia de Portomaior. Lembrades o guión que fixestes para contalo?

Ningún comentario:

Publicar un comentario