luns, 2 de novembro de 2015

Río de medo

O xoves celebramos o Samaín no cole. Tivemos un día moi completo! Todos os cativos e cativas participaron dun terrorífico percorrido polo centro.

Na entrada do cole o noso auxiliar de conversa converteuse nun terrible mago que elaborou unha poción que todos puidemos probar.


Potions from Piruleta Rodríguez on Vimeo.



No multiusos un grupo de nais organizaban un obradoiro de pan. Cada neno e nena particpou no amasado e elaboración de figuras tenebrosas: gorros e escobas de bruxa, cabazas, arañas... Despois levaron as figuras ao forno da parroquia, que colaborou gustosamente connosco.



Na aula de PT outro grupo de nais montou o seu obradoiro de maquillaxe de medo. Todos os nenos e nenas pasaron por chapa e pintura e saíron moito peor do que entraron!!





Nunha das titorías a profe de inglés, vestida de bruxa, recibía aos alumnos máis atrevidos que tiñan que poñer unha máscara, petar na porta e dicir as palabras... "Trick or treat!" Que sustos levaban ao entrar......


E a guinda do pastel esperaba na biblioteca. Unha nai e un pai que todos coñecedes, Luis Davila, viñeron contar dúas historias de medo: "A casa da miña avoa" para os máis pequenos e "A figueira de Pelostortos" para os maiores (ambos da Ed. OQO)
Quedamos encantados coa narración de Mari e abraiados cos debuxos de Luis. Déixovos o video dunha das sesións para que o disfrutedes.



"A casa da miña avoa" con Luis Davila from Piruleta Rodríguez on Vimeo.


Grazas a todos, maiores e pequenos, por participar. Pasámolo de medo!!!
Espérovos cos libros abertos!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario