Hoxe no noso colexio tivemos moitas visitas de mulleres traballadoras:
- Estefanía, nai de Lola de 2º de Primaria. É técnica especialista en radioterapia do hospital de Meixoeiro. Trouxo un video explicativo sobre o funcionamento do "acelerador lineal de partículas", empregado para dar radiacións as partes do corpo que teñen células malas. Agasallou aos nen@s con pulseiras da asociación "Bicos de papel".
- Yésica, nai de Mara de 4 anos e Aroa de 1º de Primaria. Traballa nun barco da nosa ría. Explicou como pescan polbo, nécoras, centolas... Trouxo unha nasa e explicou como os polbos e nécoras son atrapados nelas. Ensinoulles fotos e videos do funcionamento do barco e da pesca.
- Aixa, nai de Diego de 2º de Primaria. Actualmente traballa de celadora e o compaxina con outros traballos de panadeira, camareira... Explicoulles aos nen@s todo o que fai en cada un dos seus traballos.
- Mari, nai de Lola de 3 anos e Roi de 1º de Primaria. Explicou aos nen@s que ata fai uns anos traballaba en Prevención de Riscos Laborais. Actualmente traballa de asesora do seu home Luis Davila.
- Beatriz, nai de Pedro de 5 anos e Alberto de 5º de Primaria. Traballa en Prevención de Riscos Laborais nunha empresa de construcción. Explicou as medidas de prevención ante diversas situacións ou traballos. Trouxo material para que manipularan e probaran os nen@s.
- Luisa, nai de Álex de 4 anos. Mestra de matemáticas no Instituto Johan Carballeira de Bueu. Acudiu con algunhas das súas ferramentas de traballo (compás, regras, calculadora...) e explicoulles como ensina aos seus alumn@s a entender e compreder os diferentes conceptos matemáticos.
Todas elas foron entrevistadas na nosa Radio Faladoiro.
Moitas grazas por vir Mulleres Traballadoras!!!!
-
Ningún comentario:
Publicar un comentario