- Comezamos a mañá con Carolina, nai de Fran de 2º de Primaria. Traballa na panadaría da nosa contorna. Explicou que fai de todo: reparto do pan, traballar no forno, atendendo, amasando..., falando das diferenzas no seu traballo entre homes e mulleres. Fixo unha exposición gráfica dos departamentos e produtos que elaboran. Para rematar agasallou aos nen@s con madalenas.
- A outra muller que nos visitou foi Ana, nai de Daniela de 2º de Primaria. É mestra no CIFP A Granxa. Na súa exposición centrouse en explicarlles como se elaboran os viños e aceite, xa que iso é o que ensina aos seus alumn@s. Os nen@s traballaron dous senrtidos: Primeiro tiveron que adiviñar polo olfato os diferentes ingredientes do viño e despois traballaron o gusto probando olivas, pan con aceite...
Moitas grazas por vir Mulleres Traballadoras!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario